miércoles, 2 de mayo de 2012

Instalar Gnome no Ubuntu 12.04 LTS


Coa liberación da última versión do Ubuntu moitas foron as críticas que seguramente vistes pola rede sobre a incorporación de Unity ao noso Sistema Operativo (aínda que xa se incluíu na anterior versión, pero seguramente algúns de vós actualizastes desde a última LTS). Foi moita a xente que vin nos foros que incluso dicía que ía cambiar de distribución. Pero tranquilos! Lembrade que unha das vantaxes da utilización de software libre, é que se non che gusta algo, case sempre hai algunha alternativa. Que non che gusta Unity? Pois instalamos Gnome e punto.

Ademais a instalación é ben sinxela, simplemente é necesario inserir un comando nunha termianal. Hai dúas opcións:
 sudo apt-get install gnome-shell
Con esta opción poderemos arrincar o PC de -ademais de Unity- 3 maneiras: con Gnome (Shell), Gnome Classis e Gnome Classis sen efectos. Para escoller que escritorio queremos arrancar, temos que darlle ao botón que sae ao lado do nome de usuario na pantalla de login e escoller:


A outra maneira é da seguinte forma:
 sudo apt-get install gnome-panel
Desta maneira intalamos só o Gnome classic e escollemos igual que no caso anterior con que queremos arrancar o PC.


lunes, 30 de abril de 2012

Como xuntar ou separar arquivos .pdf


Seguro que moitas veces precisas unir vairos arquivos .pdf nun, ou pola contra dividir un en varios. Pois ben, hoxe vouvos falar de como facelo dunha maneira moi sinxela, utilizando un programa chamado pdfsam:

O primeiro é instalar o programa, que como se atopa nos repositorios de Ubuntu, chega con buscalo no Centro se Software de Ubuntu ou facelo, se o prefires, desde un terminal escribindo sudo apt-get install pdfsam.


Para unir varios .pdf:

  1. Clicamos en Merge/Extract.
  2. Dámoslle a Add e escollemos os arquivos que queremos xuntar.
  3. En Destination output file escollemos onde queremos que nos garde o ficheiro.
  4. Finalmente damoslle a Run, e feito!

Para dividir un arquivo .pdf:

  1. Clicamos en Split
  2. Dámoslle a Add e escollemos que arquivo queremos dividir.
  3. En Split Option escollemos como queremos que nolo divida (Ex. Si queremos que o divida por cada páxina marcamos Burst (split into single pages).
  4. En destination folder escollemos onde queremos que nos garde os ficheiros.
  5. E por último dámoslle a Run.

sábado, 28 de abril de 2012

Outra maneira de pechar aplicacións bloqueadas


Onte falábavos de cómo facer para pechar aplicacións bloqueadas a través duns comandos na terminal, mais @deleznable lembroume que en Gnome había un botón que se chamaba "forzar peche", que con clicar nel e logo na aplicación bloqueada xa a pechaba. En Unity en principio non existe ese botón, máis hoxe imos mirar como facer para instalalo

O primeiro é descargar este ficheiro: forzarpeche.tar.gz

Unha vez que descargamos o ficheiro descomprimímolo e abrimos install.sh. Dámoslle a executar nun terminal. Cando remate a instalación, sairanos un cartafol con diefentes símbolos. Buscamos Force Quit e arrastrámolo á barra do Unity.


Así, cada vez que se vos bloquee unha aplicación, chega con clicar no símbolo de Force Quit e logo sobre a aplicación que queredes pechar, e listo.

viernes, 27 de abril de 2012

Pechar unha aplicación bloqueada


Seguro que algunha vez vos ten pasado que mentres traballades cunha aplicación se vos queda bloqueada e por moito que lle dades a pechar non responde de ningunha maneira. Hoxe imos explicar como facer para pechala cun par de comandos nunha terminal:
O primeiro é saber cal é o PID do proceso en cuestión. Para conseguilo escribimos a seguinte liña na terminal:
sudo ps -e | grep nomedoprograma
Isto daranos uns números que identifican o proceso. Iso é o PID. Copiámolo.


E agora, para pechar o proceso simplemente temos que escribir na terminal:
sudo kill PID
(Recorda que PID é o número que conseguimos co comando anterior)


jueves, 26 de abril de 2012

Actualizando a Ubuntu 12.04 LTS: Algunhas novidades


Como saberedes, hoxe liberouse Ubuntu 12.04 LTS, a última versión do noso sistema operativo. Imos falar, das novidades máis rechamantes que se poden apreciar nesta nova versión. Primeiro, cabe destacar que é unha LTS, o que quere dicir, que a diferencia do resto, ten soporte para actualizacións de seguridade, aplicacións e demais, durante 5 anos fronte aos 18 meses coas que contan as outras.

As principais novidades son a respeto da interface. Unity mellora na súa versión 5.4, a respeto da súa configuración. Agora, por defecto, a barra lateral está sempre visíbel. Podemos modificar tanto isto, como a sensibilidade coa que queremos que se nos mostre a barra no caso de que seleccionemos a opción para que se agoche. Isto podémolo modificar nas preferencias da apariencia. Ademais, ao clicar co botón dereito sobre o símbolo dos cartafois, podes escoller que cartafol dos que tes nos marcadores queres abrir. Algo similar pasa se o fas co símbolo do Ubuntu.

Outra novidade importante, é que incorpora HUD. E preguntarédesvos vós que é eso. Pois fácil, unha ferramenta, que ao meu gusto facilita a navegación polas aplicacións. Se temos unha aplicación aberta e lle damos a alt, ábresenos un cadro onde podemos escribir que acción referente á aplicación queremos facer. Por exemplo, se teño o firefox aberto, doulle a alt e poño opcións, ábrensme as opcións do programa, tal e como se vé na imaxe de abaixo.


No referido aos programas que veñen de serie coa versión destaca, que volve Rithmbox para a xestión da música, e inclúe Firefox 11 e Libre Office 3.5.2.

Destaca tamén que o Centro de Software de Ubuntu mellora a súa velocidade, tanto de execución como de instalación dos programas, que certamente, na versión anterior era bastante lento.

Eu pouco máis vos podo contar, cando menos por agora, porque hoxe os servidores de Ubuntu tiveron, polo que se vé, moito traballo e descargar os paquetes levoume todo unha tarde. Pero ben, iso é boa sinal, porque significa que cada vez somos máis os que utilizamos este Sistema Operativo.

Se queres actualizar a túa versión chega con que abras o Xestor de Actualizacións e lle des a anovar a 12.04. Se pola contra queres comezar desde cero, desde www.ubuntu.com podes descargar a imaxe.


miércoles, 25 de abril de 2012

Comprobar se temos ou non instalado un paquete

¿Algunha vez vos ten pasado de ir a usar calquer tipo de paquete, librería ou aplicación e non saber se o tes instalado ou non?
Existe unha maneira moi doada de saber se dispoñemos do paquete dende terminal. Basta con introducir o seguinte comando.
dpkg -l|grep "paquete"



Tamen podemos facer a comprobación de se un paquete en concreto está nos repositorios ou non, desta forma.
apt-cache search "paquete"

Todo esto moito máis doado que andar a buscar no xestor de paquetes.

lunes, 23 de abril de 2012

Proba GIMP 2.8 no teu Ubuntu

Para as e os que utilizades este coñecido editor de imaxes, sabedes que nos repositorios oficiais de Ubuntu está dipoñíbel a versión 2.6, mais se pola contra queres probar o GIMP 2.8, neste post vos deixo como facelo.

E xa que eu -non vos vou mentir- non o utilizo, porque non teño nin idea de tratamento fotográfico nin deseño, pouco vos podo falar das novidades que ten. A única, que salta á vista, con respeto á versión 2.6 é que está dispoñíbel a opción “xanela única”. Así que os que o utilizades, probádeo se queredes:


  1. Agregamos os repositorios:

    sudo add-apt-repository ppa:otto-kesselgulasch/gimp

  2. Actualizamos

    sudo apt-get update

  3. Instalamos:

    sudo apt-get install gimp