miércoles, 2 de mayo de 2012

Instalar Gnome no Ubuntu 12.04 LTS


Coa liberación da última versión do Ubuntu moitas foron as críticas que seguramente vistes pola rede sobre a incorporación de Unity ao noso Sistema Operativo (aínda que xa se incluíu na anterior versión, pero seguramente algúns de vós actualizastes desde a última LTS). Foi moita a xente que vin nos foros que incluso dicía que ía cambiar de distribución. Pero tranquilos! Lembrade que unha das vantaxes da utilización de software libre, é que se non che gusta algo, case sempre hai algunha alternativa. Que non che gusta Unity? Pois instalamos Gnome e punto.

Ademais a instalación é ben sinxela, simplemente é necesario inserir un comando nunha termianal. Hai dúas opcións:
 sudo apt-get install gnome-shell
Con esta opción poderemos arrincar o PC de -ademais de Unity- 3 maneiras: con Gnome (Shell), Gnome Classis e Gnome Classis sen efectos. Para escoller que escritorio queremos arrancar, temos que darlle ao botón que sae ao lado do nome de usuario na pantalla de login e escoller:


A outra maneira é da seguinte forma:
 sudo apt-get install gnome-panel
Desta maneira intalamos só o Gnome classic e escollemos igual que no caso anterior con que queremos arrancar o PC.


lunes, 30 de abril de 2012

Como xuntar ou separar arquivos .pdf


Seguro que moitas veces precisas unir vairos arquivos .pdf nun, ou pola contra dividir un en varios. Pois ben, hoxe vouvos falar de como facelo dunha maneira moi sinxela, utilizando un programa chamado pdfsam:

O primeiro é instalar o programa, que como se atopa nos repositorios de Ubuntu, chega con buscalo no Centro se Software de Ubuntu ou facelo, se o prefires, desde un terminal escribindo sudo apt-get install pdfsam.


Para unir varios .pdf:

  1. Clicamos en Merge/Extract.
  2. Dámoslle a Add e escollemos os arquivos que queremos xuntar.
  3. En Destination output file escollemos onde queremos que nos garde o ficheiro.
  4. Finalmente damoslle a Run, e feito!

Para dividir un arquivo .pdf:

  1. Clicamos en Split
  2. Dámoslle a Add e escollemos que arquivo queremos dividir.
  3. En Split Option escollemos como queremos que nolo divida (Ex. Si queremos que o divida por cada páxina marcamos Burst (split into single pages).
  4. En destination folder escollemos onde queremos que nos garde os ficheiros.
  5. E por último dámoslle a Run.

sábado, 28 de abril de 2012

Outra maneira de pechar aplicacións bloqueadas


Onte falábavos de cómo facer para pechar aplicacións bloqueadas a través duns comandos na terminal, mais @deleznable lembroume que en Gnome había un botón que se chamaba "forzar peche", que con clicar nel e logo na aplicación bloqueada xa a pechaba. En Unity en principio non existe ese botón, máis hoxe imos mirar como facer para instalalo

O primeiro é descargar este ficheiro: forzarpeche.tar.gz

Unha vez que descargamos o ficheiro descomprimímolo e abrimos install.sh. Dámoslle a executar nun terminal. Cando remate a instalación, sairanos un cartafol con diefentes símbolos. Buscamos Force Quit e arrastrámolo á barra do Unity.


Así, cada vez que se vos bloquee unha aplicación, chega con clicar no símbolo de Force Quit e logo sobre a aplicación que queredes pechar, e listo.

viernes, 27 de abril de 2012

Pechar unha aplicación bloqueada


Seguro que algunha vez vos ten pasado que mentres traballades cunha aplicación se vos queda bloqueada e por moito que lle dades a pechar non responde de ningunha maneira. Hoxe imos explicar como facer para pechala cun par de comandos nunha terminal:
O primeiro é saber cal é o PID do proceso en cuestión. Para conseguilo escribimos a seguinte liña na terminal:
sudo ps -e | grep nomedoprograma
Isto daranos uns números que identifican o proceso. Iso é o PID. Copiámolo.


E agora, para pechar o proceso simplemente temos que escribir na terminal:
sudo kill PID
(Recorda que PID é o número que conseguimos co comando anterior)


jueves, 26 de abril de 2012

Actualizando a Ubuntu 12.04 LTS: Algunhas novidades


Como saberedes, hoxe liberouse Ubuntu 12.04 LTS, a última versión do noso sistema operativo. Imos falar, das novidades máis rechamantes que se poden apreciar nesta nova versión. Primeiro, cabe destacar que é unha LTS, o que quere dicir, que a diferencia do resto, ten soporte para actualizacións de seguridade, aplicacións e demais, durante 5 anos fronte aos 18 meses coas que contan as outras.

As principais novidades son a respeto da interface. Unity mellora na súa versión 5.4, a respeto da súa configuración. Agora, por defecto, a barra lateral está sempre visíbel. Podemos modificar tanto isto, como a sensibilidade coa que queremos que se nos mostre a barra no caso de que seleccionemos a opción para que se agoche. Isto podémolo modificar nas preferencias da apariencia. Ademais, ao clicar co botón dereito sobre o símbolo dos cartafois, podes escoller que cartafol dos que tes nos marcadores queres abrir. Algo similar pasa se o fas co símbolo do Ubuntu.

Outra novidade importante, é que incorpora HUD. E preguntarédesvos vós que é eso. Pois fácil, unha ferramenta, que ao meu gusto facilita a navegación polas aplicacións. Se temos unha aplicación aberta e lle damos a alt, ábresenos un cadro onde podemos escribir que acción referente á aplicación queremos facer. Por exemplo, se teño o firefox aberto, doulle a alt e poño opcións, ábrensme as opcións do programa, tal e como se vé na imaxe de abaixo.


No referido aos programas que veñen de serie coa versión destaca, que volve Rithmbox para a xestión da música, e inclúe Firefox 11 e Libre Office 3.5.2.

Destaca tamén que o Centro de Software de Ubuntu mellora a súa velocidade, tanto de execución como de instalación dos programas, que certamente, na versión anterior era bastante lento.

Eu pouco máis vos podo contar, cando menos por agora, porque hoxe os servidores de Ubuntu tiveron, polo que se vé, moito traballo e descargar os paquetes levoume todo unha tarde. Pero ben, iso é boa sinal, porque significa que cada vez somos máis os que utilizamos este Sistema Operativo.

Se queres actualizar a túa versión chega con que abras o Xestor de Actualizacións e lle des a anovar a 12.04. Se pola contra queres comezar desde cero, desde www.ubuntu.com podes descargar a imaxe.


miércoles, 25 de abril de 2012

Comprobar se temos ou non instalado un paquete

¿Algunha vez vos ten pasado de ir a usar calquer tipo de paquete, librería ou aplicación e non saber se o tes instalado ou non?
Existe unha maneira moi doada de saber se dispoñemos do paquete dende terminal. Basta con introducir o seguinte comando.
dpkg -l|grep "paquete"



Tamen podemos facer a comprobación de se un paquete en concreto está nos repositorios ou non, desta forma.
apt-cache search "paquete"

Todo esto moito máis doado que andar a buscar no xestor de paquetes.

lunes, 23 de abril de 2012

Proba GIMP 2.8 no teu Ubuntu

Para as e os que utilizades este coñecido editor de imaxes, sabedes que nos repositorios oficiais de Ubuntu está dipoñíbel a versión 2.6, mais se pola contra queres probar o GIMP 2.8, neste post vos deixo como facelo.

E xa que eu -non vos vou mentir- non o utilizo, porque non teño nin idea de tratamento fotográfico nin deseño, pouco vos podo falar das novidades que ten. A única, que salta á vista, con respeto á versión 2.6 é que está dispoñíbel a opción “xanela única”. Así que os que o utilizades, probádeo se queredes:


  1. Agregamos os repositorios:

    sudo add-apt-repository ppa:otto-kesselgulasch/gimp

  2. Actualizamos

    sudo apt-get update

  3. Instalamos:

    sudo apt-get install gimp

sábado, 21 de abril de 2012

FrostWire: unha alternativa a Ares no Ubuntu




Aínda que a min me resulte raro pensar que sigue habendo quen utliza o Ares no Windows para as descargas, o certo é que hai moita xente que o fai. Decátome moitas veces cando lle falo á xente das vantaxes que ten utilizar Ubuntu, e sempre hai algunha resposta do estilo: pero é que en Linux non hai tal programa. Un deles é o Ares. Pois ben, unha das alternativas que atopo a este programa é Frost Wire, que funciona en Windows, Mac e GNU/Linux e que se caracteriza pola súa rapidez e sinxeleza.


Para instalalo chega con abrir o Centro de Software de Ubuntu e buscar Frostwire, ou se o prefires facer nun terminal, teclear: sudo apt-get install frostwire

jueves, 19 de abril de 2012

Recupera o GRUB de maneira moi sinxela

Seguro que moitos de vós queredes ter instalado Ubuntu máis Windows nun mesmo PC. Se instalas o Ubuntu nun ordenador no que tes o Windows instalado, cando encendes o cumputador dache a opción de escoller que sistema queres arrancar, mais se pola contra instalas o Windows nun PC no que tes instalado o Ubuntu cando reinicias o PC non che dá a opción de escoller e arráncache directamente o Windows. Mais ben, aquí vos deixo unha maneira moi sinxela de recuperar o arranque:


  1. Arrancamos Ubuntu desde unha Live CD
  2. Abrimos unha terminal e tecleamos:
    sudo add-apt-repository ppa:yannubuntu/boot-repair
  3. Actualizamos os repositorios:
    sudo apt-get update
  4. Instalamos o recuperador:
    sudo apt-get install boot-repair-ubuntu
  5. Buscamos nos programas Arranxar o arranque. Arrincámolo, dámoslle a Arranxo Recomendado e sinxelamente agardamos a que remate.

miércoles, 18 de abril de 2012

Spotify dispoñíbel sen conta premium

Eres usuari@ de Spotify e estás cabread@ porque a versión para Ubuntu só funciona se tes conta Premium? Farto de intentalo instalar co Wine e que non funcione como é debido? Pois... non foi sen tempo, pero por fin, o outro día instalándolle Ubuntu a un colega, descibrín que se dignaran a quitar esa estúpida restricción para as e os que utilizamos un sistema alternativo a Windows.
Para instalalo basta con inserir catro comandos nun terminal:

  1. Agregamos os repositorios de Spotify á nosa lista:
sudo gedit /etc/apt/sources.list
Ao final do arquivo pegamos isto: deb http://repository.spotify.com stable non-free e gardamos.
  1. Engadimos a clave pública:
sudo apt-key adv --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv-keys 4E9CFF4E
  1. Actualizamos a listaxe dos repositorios:
sudo apt-get update
  1. Instalamos:
sudo apt-get install spotify-client-qt
E a desfrutar!

lunes, 12 de marzo de 2012

Programar apagado

Existen diversas formas de programar o apagado do noso equipo, ven sexa por comandos dende o terminal, ou por pequenos programiñas en modo gráfico.

A forma máis doada para o meu gusto, tirar de terminal e escribir o comando sen ter que instalar nada, sería shutdown [opcion] [tempo].

shutdown -h now -> apaga o equipo agora
shutdown -r now -> reinicia o equipo agora
shutdown -h 20 -> apaga o equipo en 20 minutos
shutdown -h 1:45 -> apaga o equipo en 1 hora e 45 minutos

Pero se sodes dos que preferides usar aplicacións para todo, tendes varias opcións de modo gráfico.

EasyShutdown
Unha aplicación feita en python cun manexo moi sinxelo, onde tan só temos que introducir o tempo restante para o apagado. Para a instalación, abrimos un terminal e introducimos:

wget http://launchpad.net/easyshutdown/trunk/0.6/+download/easyshutdown_0.6_all.deb
sudo dpkg -i easyshutdown_0.6_all.de

GShutdown
Esta aplicación ten algunha cousa máis, a parte de poder elexir a hora exacta a que queremos que apague ou reinicie o equipo, tamen podemos dicirlle en que fecha o debe facer. A instalación dende o terminal:

sudo apt-get install gshutdown

sábado, 10 de marzo de 2012

Instalar Jdownloader no Ubuntu 11.10

Como nas versións anteriores, a instalación do xestor de descargas Jdownloader resulta ben sinxela. Tan só temos que abrir un terminal e introducir os seguintes comandos.

sudo add-apt-repository ppa:jd-team/jdownloader
sudo apt-get update && sudo apt-get install jdownloader

Co cal nos instalaría este famoso xestor de descargas na sección de Internet.


martes, 11 de octubre de 2011

Comandos de Ubuntu

Noutras entradas deste blog xa comentamos o uso do comando LS ou os distintos atallos de teclado tanto en Ubuntu como en Windows. Hoxe traiovos unha gran recopilación feita por www.guia-ubuntu.org onde nos mostra moitisimos comandos de Ubuntu coa sua explicación e algún exemplo para que sexa máis comprensible.


Normalmente currome moito máis as entradas que tan só poñer un enlace, pero nesta vexome incapáz de mellorar o que aquí está feito. Sen máis deixovos o link con todos os comandos, tremendamente útil. Comandos

Ademáis da información que podemos obter desta páxina, se sodes dos que vos gusta ter as cousas sempre a vista, creo que esto vos vai gustar, un cubo con todos os comandos básicos de Ubuntu, facil de montar e moi útil xD.

sábado, 1 de octubre de 2011

Integrar Google Music en Ubuntu


Para instalalo, primeiro engadimos o repositorio:
sudo apt-add-repository ppa:janousek.jiri/google-music-frame-releases 
Actualizamos:
sudo apt-get update
E instalamos:
sudo apt-get install google-music-frame
Agora xa debería aparecer un botón para abrilo cando pulsades na icona do volume (ao lado do reloxo), se isto non fora así, abrídeo dende o lanzador de aplicacións: "Google Music Frame". Abrirá unha ventá de explorador para introducir os datos da conta e, despois, unha vez elexida a lista de reprodución, xa o poderedes manexar, e mostrará o título da canción cando cambie.

Vía Facilware.

sábado, 30 de julio de 2011

Arquivos *.dlc

Os arquivos *.dlc son uns contenedores que gardan varios enlaces de descarga directa a servidores do tipo Megaupload ou Rapidshare  propios para o JDownloader. É un programa moi completo, mais hai quen evita usalo por ser moi pesado, no meu caso emprego o Tucan, un programa moi lixeiro e simple que, aínda que non dá tantas opcións, si que cubre as necesidades básicas. Un dos problemas deste programa, é que non permite a carga dos arquivos *.dlc.

Para solucionar este problema, podemos entrar en dcrypt.it, meter o enlace web ao arquivo, ou subilo dende o ordenador, para obter lista de enlaces.

martes, 26 de julio de 2011

Diferencias entre as distribucións Linux

Un dos maiores problemas ó introducirse no mundo Linux é a elección da distribución que mellor se adapte a nos. Para comenzar, o mellor é explicar que é unha distribución Linux (distro), é un sistema operativo de núcleo Linux(caracteristica común de todas) que inclue determinados paquetes de software para satisfacer as necesidades dun grupo de usuarios.


Linux está basado en software libre, o que implica que pode ser copiado, modificado e distribuido, precisamente por esto existen tantísimas distribucións de Linux, porque calquera usuario ou comunidade de usuarios cos coñecementos necesarios pode desenvolver e crear a sua distribución. Nombralas todas seria moi complicado, mellor vos queda un enlace a lista de distribucións Linux.

Os novatos solucionamos o problema da elección moi facil, eleximos Ubuntu, moitas veces por descoñecemento do resto de distribucións, e outras porque é a máis doada de usar por xente que está comenzando neste mundo do software libre.

¿Pero que hai do resto de distribucións?, ¿podemos comenzar en Linux nunha distribución que non sexa Ubuntu?

Pois ben, non todas as distribucións son adecuadas para comenzar con elas, xa que a complicación que implican poden facernos desistir das nosas andanzas en software libre.

As mellores distribucións de Linux para comenzar segun a información que puiden recopilar son as seguintes, inda que algun de vos poida disentir. Non todas son moi coñecidas, pero si que teñen aspectos que nos facilitan un primeiro contacto con Linux.


Linux Mint basada en Debian e Ubuntu, é un sistema operativo moi estable, moi doado de instalar e usar, con moitísimas aplicacións, ideal para un primeiro contacto con Linux. Os desarrolladores pretenden que sexa a segunda máis usada. Con menús moi intuitivos, e moitas ferramentas graficas para mellorar a usabilidade. Paxina Web


Ubuntu a distro máis coñecida de Linux e a máis usada, e coa que foi capaz de cambiar a idea de moita xente que pensaba que Linux era complicado, moi doado de instalar e de usar. Combina flexibilidade, estabilidade e solidez, basada en Debian, dispón de moitísimos paquetes de software. Actualizase a versión cada seis meses. Ideal para comenzar con Linux. Paxina Web


OpenSUSE distribución moi solida que procede da liberación da versión para empresas SUSE, sirve como escritorio e servidor, e é unha moi boa forma de comenzar de forma sinxela e aprendendo moito. A maior virtude desta distro é a sua aplicación máis famosa, a Yast2, unha ferramenta que permite realizar actualizacións, configurar a red e o cortafogos, administrar usuarios, e máis opcións integradas nunha interfaz amigable. Paxina Web



Fedora unha das distro máis robustas e lonxevas basada en Red Hat. Combina potencia, inovación e usabilidade, tanto para usuarios avanzados como para os que están comenzando. Ideal para estudantes como para xente involucrada en informática. Paxina Web



Mandriva amigable e moi solvente, contén unha selección dos mellores programas, e é ideal como centro multimedia, orientada tanto para escritorios como para servidores é unha distribución para todos os públicos. Conta con moi boas ferramentas e software. Tal vez algo esixente en canto a requisitos. Paxina Web


Estas a grandes rasgos son as máis doadas para comenzar. Inda que OpenSUSE, Fedora e Mandriva se poidan usar como primeiro contacto, poderiamos consideralas como un escalafón intermedio. Pero se queremos adentrarnos un pouquiño maís neste apaixoante mundo podemos empregar estas outras distribucións, que xa nos requeriran máis coñecementos para poder manexalas como é debido:



Debian sistema operativo maduro, moi estable e moi modificable. As versións de Debian saen xa moi probadas, impera a estabilidade antes que as innovacións, moi adecuado para servidores, pero require certos coñecementos para usalo. Dispón de moitisimos paquetes de software e moitisima xente traballando no seu desenvolvemento. Paxina Web


Slackware é a distribución de Linux máis antiga inda en vigor. Simple, estable e segura, ten unha instalación sinxela, inda que para os novos nestes temas pode ser complexa, e ten un sistema de xestión de paquetes basado en menús. Utiliza un instalador de texto (nada de gráfico), e obliga o usuario a que se implique máis no coñecemento da máquina. Seria a distribución máis purista de Linux, onde non hai facilidades de cara o usuario. Paxina Web


Ata aquí as máis coñecidas e usadas, se podedes probade, pero sobre todo non teñades medo a investigar, como moito perderedes unhas horas nas instalacións.

Un bó consello, se podedes utilizade as versións LiveCD das distribucións, asi poderedes facer algunha pequena proba do sistema sen ter que instalalo.

Configurar avatar

Para configurar o avatar que aparece no inicio de conta, o que temos que facer é pulsar arriba á dereita, ao lado do botón de apagado onde pon o noso nome de usuario, e despois en Acerca de mí. Sairá unha ventá semellante á seguinte:


Agora, na ventá que nos sae, clicades no monigote que sae ao lado do nome concreto e xa vos dexará elixir a nova imaxe de avatar.

lunes, 25 de julio de 2011

Ubuntu Tweak

Ubuntu Tweak é unha aplicación que permite unha configuración algo máis avanzada e de maneira sinxela de Ubuntu. Para instalalo podedes descargar na páxina oficial o arquivo *.deb, dar doble click e meter o contrasinal.

Limpeza de paquetes e kernels

Para limpar os paquetas, seleccionamos Limpiador de Paqutes no menú da esquerda:


Unha vez que estamos neste menú, pulsamos no botón de Desbloquear (pediranos o contrasinal), e se queremos activamos a casiña de seleccionar todo, para despois darlle a limpar. Isto podemos facelo con todas as opcións que nos saen á dereita. Seguramente, se tedes instalados máis sistemas o perativos, á hora de seleccionar o sistema operativo, sairán distintas opcións de kernel para entrar, pois con este programa podedes empregar o limpador de kernels (núcleos), para que, unha vez limpos, desaparezan do menú de selección do sistema operativo. Podedes limpalos todos, xa que o último (se é co que entrastes) non aparece xa na lista.

Preferencias de login

Para poder activar a configuración, primeiro tedes que desbloquealo na parte de abaixo (igual que na limpeza de paquetes). Aquí permite cambiar, entre outras cousas, a icona que aparece encima dos usuarios na pantalla de login (que non o avatar do usuario) e o fondo desa pantalla. Unha cousa que persoalmente me parece moi estética é o feito de poñer o mesmo fondo de escritorio ca de pantalla de login.

Se seguides curioseando polos demáis menús, seguramente atoparedes algunha opción que vos interesa cambiar. Xa sabedes, a trevellar!!

Play on Linux: Xogos de Windows en Linux

Play on Linux é un programa que nos permite instalar e usar facilmente programas e xogos de base windows nunha distribución Linux, usando como base a aplicación Wine. Mediante esta aplicación podemos xogar na nosa distribución GNU/Linux (Fedora, Ubuntu, Suse, Debian, etc...) a unha gran cantidade de xogos de Windows, usar aplicacións como AutoCad ou Microsoft Office.


Non precisamos unha licencia de Windows para usar PlayOnLinux, é un programa libre e gratuito. PlayOnLinux basease en Wine, beneficiandose das suas posibilidades e explotando algunha das opcións avanzadas, evitando o usuario enfrentarse a sua complexidade.

Podemos descargar esta aplicación para a nosa distribución Linux dende aqui http://www.playonlinux.com/es/download.html

A hora de instalar calquer programa, unha vez seleccionado, se pode instalao el mesmo directamente, senon pediranos o cd de instalación. Nos xogos, o non ser gratuitos, unha vez que o programa descargue o script de instalación, pediranos o cd do xogo para instalalo.

viernes, 22 de julio de 2011

Solución auriculares Ubuntu 11.04

Acabo de instalar o Ubuntu 11.04, e como xa me pasara nas versións anteriores desde sistema operativo, os altavoces funcionan perfectamente, pero cando conecto uns auriculares non se escoita nada.

Buscando e probando moito, atopei o que parecía a solución, situarse no directorio etc/modprobe.d/ e editar o arquivo alsa-base.conf añadindo unha linea. Mediante Shell seria asi:

$ cd etc/modprobe.d
$ sudo gedit alsa-base.conf

E añadimos o final do arquivo as duas lineas seguintes, gardamos e pechamos o arquivo.

# Obter son polos auriculares
options snd-hda-intel model=dallas

Con esto o erro debería estar solucionado, pero no meu caso non funcionou a simple vista, asique para comprobar se estaba amañado ou non usei o AlsaMixer, un programa mezclador de son en base linux para configurar e axustar o son, que se executa dende terminal, co comando " alsamixer "


No meu caso o pequeno erro era que o headphone estaba en MM, en Mute, polo cal no sonaban os auriculares inda que o sistema recoñecia a entrada, a solución tan sinxela como moverme coas flechas dereita/esquerda para colocarme en headphone, pulsar M para deshabilitar o Mute e subir e baixar o sonido coas flechas arriba/abaixo.