Mostrando entradas con la etiqueta aplicacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aplicacións. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de abril de 2012

Como xuntar ou separar arquivos .pdf


Seguro que moitas veces precisas unir vairos arquivos .pdf nun, ou pola contra dividir un en varios. Pois ben, hoxe vouvos falar de como facelo dunha maneira moi sinxela, utilizando un programa chamado pdfsam:

O primeiro é instalar o programa, que como se atopa nos repositorios de Ubuntu, chega con buscalo no Centro se Software de Ubuntu ou facelo, se o prefires, desde un terminal escribindo sudo apt-get install pdfsam.


Para unir varios .pdf:

  1. Clicamos en Merge/Extract.
  2. Dámoslle a Add e escollemos os arquivos que queremos xuntar.
  3. En Destination output file escollemos onde queremos que nos garde o ficheiro.
  4. Finalmente damoslle a Run, e feito!

Para dividir un arquivo .pdf:

  1. Clicamos en Split
  2. Dámoslle a Add e escollemos que arquivo queremos dividir.
  3. En Split Option escollemos como queremos que nolo divida (Ex. Si queremos que o divida por cada páxina marcamos Burst (split into single pages).
  4. En destination folder escollemos onde queremos que nos garde os ficheiros.
  5. E por último dámoslle a Run.

lunes, 23 de abril de 2012

Proba GIMP 2.8 no teu Ubuntu

Para as e os que utilizades este coñecido editor de imaxes, sabedes que nos repositorios oficiais de Ubuntu está dipoñíbel a versión 2.6, mais se pola contra queres probar o GIMP 2.8, neste post vos deixo como facelo.

E xa que eu -non vos vou mentir- non o utilizo, porque non teño nin idea de tratamento fotográfico nin deseño, pouco vos podo falar das novidades que ten. A única, que salta á vista, con respeto á versión 2.6 é que está dispoñíbel a opción “xanela única”. Así que os que o utilizades, probádeo se queredes:


  1. Agregamos os repositorios:

    sudo add-apt-repository ppa:otto-kesselgulasch/gimp

  2. Actualizamos

    sudo apt-get update

  3. Instalamos:

    sudo apt-get install gimp

sábado, 21 de abril de 2012

FrostWire: unha alternativa a Ares no Ubuntu




Aínda que a min me resulte raro pensar que sigue habendo quen utliza o Ares no Windows para as descargas, o certo é que hai moita xente que o fai. Decátome moitas veces cando lle falo á xente das vantaxes que ten utilizar Ubuntu, e sempre hai algunha resposta do estilo: pero é que en Linux non hai tal programa. Un deles é o Ares. Pois ben, unha das alternativas que atopo a este programa é Frost Wire, que funciona en Windows, Mac e GNU/Linux e que se caracteriza pola súa rapidez e sinxeleza.


Para instalalo chega con abrir o Centro de Software de Ubuntu e buscar Frostwire, ou se o prefires facer nun terminal, teclear: sudo apt-get install frostwire

miércoles, 18 de abril de 2012

Spotify dispoñíbel sen conta premium

Eres usuari@ de Spotify e estás cabread@ porque a versión para Ubuntu só funciona se tes conta Premium? Farto de intentalo instalar co Wine e que non funcione como é debido? Pois... non foi sen tempo, pero por fin, o outro día instalándolle Ubuntu a un colega, descibrín que se dignaran a quitar esa estúpida restricción para as e os que utilizamos un sistema alternativo a Windows.
Para instalalo basta con inserir catro comandos nun terminal:

  1. Agregamos os repositorios de Spotify á nosa lista:
sudo gedit /etc/apt/sources.list
Ao final do arquivo pegamos isto: deb http://repository.spotify.com stable non-free e gardamos.
  1. Engadimos a clave pública:
sudo apt-key adv --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv-keys 4E9CFF4E
  1. Actualizamos a listaxe dos repositorios:
sudo apt-get update
  1. Instalamos:
sudo apt-get install spotify-client-qt
E a desfrutar!

lunes, 12 de marzo de 2012

Programar apagado

Existen diversas formas de programar o apagado do noso equipo, ven sexa por comandos dende o terminal, ou por pequenos programiñas en modo gráfico.

A forma máis doada para o meu gusto, tirar de terminal e escribir o comando sen ter que instalar nada, sería shutdown [opcion] [tempo].

shutdown -h now -> apaga o equipo agora
shutdown -r now -> reinicia o equipo agora
shutdown -h 20 -> apaga o equipo en 20 minutos
shutdown -h 1:45 -> apaga o equipo en 1 hora e 45 minutos

Pero se sodes dos que preferides usar aplicacións para todo, tendes varias opcións de modo gráfico.

EasyShutdown
Unha aplicación feita en python cun manexo moi sinxelo, onde tan só temos que introducir o tempo restante para o apagado. Para a instalación, abrimos un terminal e introducimos:

wget http://launchpad.net/easyshutdown/trunk/0.6/+download/easyshutdown_0.6_all.deb
sudo dpkg -i easyshutdown_0.6_all.de

GShutdown
Esta aplicación ten algunha cousa máis, a parte de poder elexir a hora exacta a que queremos que apague ou reinicie o equipo, tamen podemos dicirlle en que fecha o debe facer. A instalación dende o terminal:

sudo apt-get install gshutdown

sábado, 10 de marzo de 2012

Instalar Jdownloader no Ubuntu 11.10

Como nas versións anteriores, a instalación do xestor de descargas Jdownloader resulta ben sinxela. Tan só temos que abrir un terminal e introducir os seguintes comandos.

sudo add-apt-repository ppa:jd-team/jdownloader
sudo apt-get update && sudo apt-get install jdownloader

Co cal nos instalaría este famoso xestor de descargas na sección de Internet.


sábado, 1 de octubre de 2011

Integrar Google Music en Ubuntu


Para instalalo, primeiro engadimos o repositorio:
sudo apt-add-repository ppa:janousek.jiri/google-music-frame-releases 
Actualizamos:
sudo apt-get update
E instalamos:
sudo apt-get install google-music-frame
Agora xa debería aparecer un botón para abrilo cando pulsades na icona do volume (ao lado do reloxo), se isto non fora así, abrídeo dende o lanzador de aplicacións: "Google Music Frame". Abrirá unha ventá de explorador para introducir os datos da conta e, despois, unha vez elexida a lista de reprodución, xa o poderedes manexar, e mostrará o título da canción cando cambie.

Vía Facilware.

sábado, 30 de julio de 2011

Arquivos *.dlc

Os arquivos *.dlc son uns contenedores que gardan varios enlaces de descarga directa a servidores do tipo Megaupload ou Rapidshare  propios para o JDownloader. É un programa moi completo, mais hai quen evita usalo por ser moi pesado, no meu caso emprego o Tucan, un programa moi lixeiro e simple que, aínda que non dá tantas opcións, si que cubre as necesidades básicas. Un dos problemas deste programa, é que non permite a carga dos arquivos *.dlc.

Para solucionar este problema, podemos entrar en dcrypt.it, meter o enlace web ao arquivo, ou subilo dende o ordenador, para obter lista de enlaces.