lunes, 12 de marzo de 2012

Programar apagado

Existen diversas formas de programar o apagado do noso equipo, ven sexa por comandos dende o terminal, ou por pequenos programiñas en modo gráfico.

A forma máis doada para o meu gusto, tirar de terminal e escribir o comando sen ter que instalar nada, sería shutdown [opcion] [tempo].

shutdown -h now -> apaga o equipo agora
shutdown -r now -> reinicia o equipo agora
shutdown -h 20 -> apaga o equipo en 20 minutos
shutdown -h 1:45 -> apaga o equipo en 1 hora e 45 minutos

Pero se sodes dos que preferides usar aplicacións para todo, tendes varias opcións de modo gráfico.

EasyShutdown
Unha aplicación feita en python cun manexo moi sinxelo, onde tan só temos que introducir o tempo restante para o apagado. Para a instalación, abrimos un terminal e introducimos:

wget http://launchpad.net/easyshutdown/trunk/0.6/+download/easyshutdown_0.6_all.deb
sudo dpkg -i easyshutdown_0.6_all.de

GShutdown
Esta aplicación ten algunha cousa máis, a parte de poder elexir a hora exacta a que queremos que apague ou reinicie o equipo, tamen podemos dicirlle en que fecha o debe facer. A instalación dende o terminal:

sudo apt-get install gshutdown

sábado, 10 de marzo de 2012

Instalar Jdownloader no Ubuntu 11.10

Como nas versións anteriores, a instalación do xestor de descargas Jdownloader resulta ben sinxela. Tan só temos que abrir un terminal e introducir os seguintes comandos.

sudo add-apt-repository ppa:jd-team/jdownloader
sudo apt-get update && sudo apt-get install jdownloader

Co cal nos instalaría este famoso xestor de descargas na sección de Internet.


martes, 11 de octubre de 2011

Comandos de Ubuntu

Noutras entradas deste blog xa comentamos o uso do comando LS ou os distintos atallos de teclado tanto en Ubuntu como en Windows. Hoxe traiovos unha gran recopilación feita por www.guia-ubuntu.org onde nos mostra moitisimos comandos de Ubuntu coa sua explicación e algún exemplo para que sexa máis comprensible.


Normalmente currome moito máis as entradas que tan só poñer un enlace, pero nesta vexome incapáz de mellorar o que aquí está feito. Sen máis deixovos o link con todos os comandos, tremendamente útil. Comandos

Ademáis da información que podemos obter desta páxina, se sodes dos que vos gusta ter as cousas sempre a vista, creo que esto vos vai gustar, un cubo con todos os comandos básicos de Ubuntu, facil de montar e moi útil xD.

sábado, 1 de octubre de 2011

Integrar Google Music en Ubuntu


Para instalalo, primeiro engadimos o repositorio:
sudo apt-add-repository ppa:janousek.jiri/google-music-frame-releases 
Actualizamos:
sudo apt-get update
E instalamos:
sudo apt-get install google-music-frame
Agora xa debería aparecer un botón para abrilo cando pulsades na icona do volume (ao lado do reloxo), se isto non fora así, abrídeo dende o lanzador de aplicacións: "Google Music Frame". Abrirá unha ventá de explorador para introducir os datos da conta e, despois, unha vez elexida a lista de reprodución, xa o poderedes manexar, e mostrará o título da canción cando cambie.

Vía Facilware.

sábado, 30 de julio de 2011

Arquivos *.dlc

Os arquivos *.dlc son uns contenedores que gardan varios enlaces de descarga directa a servidores do tipo Megaupload ou Rapidshare  propios para o JDownloader. É un programa moi completo, mais hai quen evita usalo por ser moi pesado, no meu caso emprego o Tucan, un programa moi lixeiro e simple que, aínda que non dá tantas opcións, si que cubre as necesidades básicas. Un dos problemas deste programa, é que non permite a carga dos arquivos *.dlc.

Para solucionar este problema, podemos entrar en dcrypt.it, meter o enlace web ao arquivo, ou subilo dende o ordenador, para obter lista de enlaces.

martes, 26 de julio de 2011

Diferencias entre as distribucións Linux

Un dos maiores problemas ó introducirse no mundo Linux é a elección da distribución que mellor se adapte a nos. Para comenzar, o mellor é explicar que é unha distribución Linux (distro), é un sistema operativo de núcleo Linux(caracteristica común de todas) que inclue determinados paquetes de software para satisfacer as necesidades dun grupo de usuarios.


Linux está basado en software libre, o que implica que pode ser copiado, modificado e distribuido, precisamente por esto existen tantísimas distribucións de Linux, porque calquera usuario ou comunidade de usuarios cos coñecementos necesarios pode desenvolver e crear a sua distribución. Nombralas todas seria moi complicado, mellor vos queda un enlace a lista de distribucións Linux.

Os novatos solucionamos o problema da elección moi facil, eleximos Ubuntu, moitas veces por descoñecemento do resto de distribucións, e outras porque é a máis doada de usar por xente que está comenzando neste mundo do software libre.

¿Pero que hai do resto de distribucións?, ¿podemos comenzar en Linux nunha distribución que non sexa Ubuntu?

Pois ben, non todas as distribucións son adecuadas para comenzar con elas, xa que a complicación que implican poden facernos desistir das nosas andanzas en software libre.

As mellores distribucións de Linux para comenzar segun a información que puiden recopilar son as seguintes, inda que algun de vos poida disentir. Non todas son moi coñecidas, pero si que teñen aspectos que nos facilitan un primeiro contacto con Linux.


Linux Mint basada en Debian e Ubuntu, é un sistema operativo moi estable, moi doado de instalar e usar, con moitísimas aplicacións, ideal para un primeiro contacto con Linux. Os desarrolladores pretenden que sexa a segunda máis usada. Con menús moi intuitivos, e moitas ferramentas graficas para mellorar a usabilidade. Paxina Web


Ubuntu a distro máis coñecida de Linux e a máis usada, e coa que foi capaz de cambiar a idea de moita xente que pensaba que Linux era complicado, moi doado de instalar e de usar. Combina flexibilidade, estabilidade e solidez, basada en Debian, dispón de moitísimos paquetes de software. Actualizase a versión cada seis meses. Ideal para comenzar con Linux. Paxina Web


OpenSUSE distribución moi solida que procede da liberación da versión para empresas SUSE, sirve como escritorio e servidor, e é unha moi boa forma de comenzar de forma sinxela e aprendendo moito. A maior virtude desta distro é a sua aplicación máis famosa, a Yast2, unha ferramenta que permite realizar actualizacións, configurar a red e o cortafogos, administrar usuarios, e máis opcións integradas nunha interfaz amigable. Paxina Web



Fedora unha das distro máis robustas e lonxevas basada en Red Hat. Combina potencia, inovación e usabilidade, tanto para usuarios avanzados como para os que están comenzando. Ideal para estudantes como para xente involucrada en informática. Paxina Web



Mandriva amigable e moi solvente, contén unha selección dos mellores programas, e é ideal como centro multimedia, orientada tanto para escritorios como para servidores é unha distribución para todos os públicos. Conta con moi boas ferramentas e software. Tal vez algo esixente en canto a requisitos. Paxina Web


Estas a grandes rasgos son as máis doadas para comenzar. Inda que OpenSUSE, Fedora e Mandriva se poidan usar como primeiro contacto, poderiamos consideralas como un escalafón intermedio. Pero se queremos adentrarnos un pouquiño maís neste apaixoante mundo podemos empregar estas outras distribucións, que xa nos requeriran máis coñecementos para poder manexalas como é debido:



Debian sistema operativo maduro, moi estable e moi modificable. As versións de Debian saen xa moi probadas, impera a estabilidade antes que as innovacións, moi adecuado para servidores, pero require certos coñecementos para usalo. Dispón de moitisimos paquetes de software e moitisima xente traballando no seu desenvolvemento. Paxina Web


Slackware é a distribución de Linux máis antiga inda en vigor. Simple, estable e segura, ten unha instalación sinxela, inda que para os novos nestes temas pode ser complexa, e ten un sistema de xestión de paquetes basado en menús. Utiliza un instalador de texto (nada de gráfico), e obliga o usuario a que se implique máis no coñecemento da máquina. Seria a distribución máis purista de Linux, onde non hai facilidades de cara o usuario. Paxina Web


Ata aquí as máis coñecidas e usadas, se podedes probade, pero sobre todo non teñades medo a investigar, como moito perderedes unhas horas nas instalacións.

Un bó consello, se podedes utilizade as versións LiveCD das distribucións, asi poderedes facer algunha pequena proba do sistema sen ter que instalalo.

Configurar avatar

Para configurar o avatar que aparece no inicio de conta, o que temos que facer é pulsar arriba á dereita, ao lado do botón de apagado onde pon o noso nome de usuario, e despois en Acerca de mí. Sairá unha ventá semellante á seguinte:


Agora, na ventá que nos sae, clicades no monigote que sae ao lado do nome concreto e xa vos dexará elixir a nova imaxe de avatar.