lunes, 20 de junio de 2011

Unity: Eliminar iconos de búsqueda "Aplicaciones" e "Archivos y carpetas"

Isto non é definitivo xa que poden volver aparecer.

Executa este comando para borrar "Aplicaciones":
sudo sed -i '12i ShowEntry=false' /usr/share/unity/places/applications.place

Executa este comando para borrar "Archivos y carpetas":
sudo sed -i '14i ShowEntry=false' /usr/share/unity/places/files.place

Actualización: Ao actualizar, volven aparecer.

Vía.

Atallos de teclado

Inda que mediante o rato temos acceso a todos as funcións do noso sistema, moitas veces, xa sexa por vagancia ou para aforrar tempo, e preferible usar atallos. En Ubuntu podemos usar moitos deles, como os que explicamos a continuación.

1) Ctrl + A = Seleccionar todo.
2) Ctrl + C = Copiar.
3) Ctrl + V = Pegar.
4) Ctrl + N = Novo.
5) Ctrl + O = Abrir.
6) Ctrl + S = Gardar.
7) Ctrl + P = Imprimir.
8) Ctrl + E = Enviar a… (Envía o documento actual por email).
9) Ctrl + W = Cerrar (Cerra o documento actual).
10) Ctrl + Q = Cerrar xanela.
11) Ctrl + H = Mostrar/Ocultar arquivos ocultos.
12) Ctrl + D = Fin de sesión.
13) Ctrl + Alt + F1 = Cambia ó primeiro terminal de consola.
14) Ctrl + Alt + F2(F3)(F4)(F5)(F6) = Selecciona diferentes terminais de consola.
15) Ctrl + Alt + F7 = Volver a sesión gráfica.
16) Ctrl + Alt + + = Cambia a seguiente resolución de pantalla.
17) Ctrl + Alt + - = Cambia a anterior resolución X.
18) Ctrl + Alt + Backspace = Reiniciar servidor X.
19) Alt + Tab = Cambiar entre os programas abertos.
20) Ctrl + Alt + Tab = Navegar entre os programas abertos.
21) ImprPant = Capturar pantalla.
22) Ctrl + F10 = Menú contextual (botón dereito).
23) F2 = Renomear.
24) Alt + F1 = Abrir menú de aplicacións.
25) Alt + F2 = Abrir menú de execución.
26) Alt + F4 = Cerrar xanela
27) Alt + F5 = Restaurar xanela maximizada.
28) Ctrl + T= Abrir nova pestaña.
29) Ctrl + Alt + L = Bloquear pantalla.
30) Ctrl + Alt + Supr = Activa o monitor de sistema.
31) Click na roda do rato = Pegar texto seleccionado.
32) Ctrl + Alt + Left/Rigth/Up/Down = Cambia dun escritorio a outro.
33) Ctrl + Alt + Shift + Left/Rigth/Up/Down = Move a xanela a outro escritorio.
34) Super (tecla Windows) + A/W = Expo mode, fai zoom out de todas as xanelas en todos os escritorios, e deixa que te movas por ellas.
35) Super + D = Mostra o escritorio.
36) Super + E = Mostra todos os escritorios e deixa que te movas por eles.
37) Super + S = Abre o menú de sistema.

Atallos en terminal

1) Ctrl + A = Volver o inicio de linea.
2) Ctrl + C = Terminar proceso actual.
3) Ctrl + D = Finaliza o terminal actual.
4) Ctrl + E = Ir ó final de linea.
5) Ctrl + L = Limpia xaneña do terminal.
6) Ctrl + R = Busca no historial comandos que comenzan por as letras que pulses.
7) Ctrl + U = Borrar linea actual.
8) Ctrl + W = Borrar palabra anterior o cursor.
9) Ctrl + Z = Enviar proceso ó background.
10) Shift + Insert = Pegar.
11) Shift + PgUp = Desprazar a saida do terminal hacia arriba.
12) Shift + PgDown = Desprazar a saida do terminal hacia abaixo.
13) Flechas Arriba/Abaixo = Buscar entre o histórico de comandos.
14) Ctrl + Shift + C = Copiar.
15) Ctrl + Shift + V = Pegar.
16) Ctrl + Shift + N = Abre un novo terminal.
17) Tab = Autocompleta o nome no terminal.

domingo, 19 de junio de 2011

Comando ls

Eu son moito de facer recopilatorios de música, e recientemente vinme na necesidade de sacar unha lista das cancións dun desos recopilatorios. Xa fora por vagancia, por desceñecemento ou simplemente porque no momento non estaba como para comerme moito a cachola, a única solución que se me ocurreu foi mediante shell de Ubuntu usar o comando "ls" que serve para listar os elementos dun directorio dado.

O primeiro é situarse no directorio de onde queremos sacar a información listada. Para eso podemos facer na shell un "cd" change directory, ata situarnos no directorio que queremos. Poñamonos no meu caso concreto, unha carpeta no directorio de Música, co que faria un "cd Música" e a continuación un cd da carpeta onde quero listar os arquivos, no meu caso "cd Get\ Phyched\ Mix ". No meu caso fixeno o cd de todo a vez "cd Música/Get\ Phyched\ Mix/" .


Feito isto xa estamos en disposición de sacar o listado co anteriormente explicado comando "ls", pero se tan só facemos un "ls" dentro dese directorio, na shell tan só se nos mostraria a lista dos elementos que temos no directorio, e máis nada.


Pero eso non é o que nos queremos, asique para pasar esa lista a un arquivo faremos algo máis, faremos un "ls > [arquivo]" , onde por arquivo pondremos o nome coa extensión, por exemplo "arquivo.txt", onde queiramos que nos garde a lista dos arquivos que temos nese directorio. No meu caso en concreto fixen un "ls > lista.txt" e listo, temos os nomes de todos os arquivos dese directorio nunha lista, nun .txt.


Xa está todo listo, solución rapida e sinxela, e en parte gracias a un tal Deivid que me comentou o de como gardalo nun documento, sen ter que andar a copiar e pegar os resultados do "ls". Añado un link para que vexades mais comandos de Ubuntu. Comandos

E como non a lista das cancións do tan mencionado recopilatorio. Lista

jueves, 16 de junio de 2011

Unity: Configurar auto-hide do lanzador

A min, persoalmente, resúltame especialmente molesto que o lanzador de Unity se oculte automaticamente e, por tanto, a intención é configuralo para que quede sempre visible e fixo. Para iso pulsamos a tecla Super (tecla win) e abrimos o Centro de Software Ubuntu, unha vez aberto instalamos Configuración avanzada de efectos de escritorio

Cando o teñamos instalado, para abrilo pulsamos a tecla Super e abrimos o Administrador de opciones CompizConfig. Unha vez aberto, buscamos o Ubuntu Unity Plugin e na pestana de Hide Launcher eliximos Never.


Instalar corrector en galego para o LibreOffice

Abrimos a Terminal e escribimos:
sudo apt-get install language-support-writing-gl
Despois abrimos o LibreOffice e clicamos na seguinte serie de pestañas:

Herramientas > Idioma > Para todo el texto > Más

Salta esta ventá, e eliximos o idioma: