martes, 26 de julio de 2011

Diferencias entre as distribucións Linux

Un dos maiores problemas ó introducirse no mundo Linux é a elección da distribución que mellor se adapte a nos. Para comenzar, o mellor é explicar que é unha distribución Linux (distro), é un sistema operativo de núcleo Linux(caracteristica común de todas) que inclue determinados paquetes de software para satisfacer as necesidades dun grupo de usuarios.


Linux está basado en software libre, o que implica que pode ser copiado, modificado e distribuido, precisamente por esto existen tantísimas distribucións de Linux, porque calquera usuario ou comunidade de usuarios cos coñecementos necesarios pode desenvolver e crear a sua distribución. Nombralas todas seria moi complicado, mellor vos queda un enlace a lista de distribucións Linux.

Os novatos solucionamos o problema da elección moi facil, eleximos Ubuntu, moitas veces por descoñecemento do resto de distribucións, e outras porque é a máis doada de usar por xente que está comenzando neste mundo do software libre.

¿Pero que hai do resto de distribucións?, ¿podemos comenzar en Linux nunha distribución que non sexa Ubuntu?

Pois ben, non todas as distribucións son adecuadas para comenzar con elas, xa que a complicación que implican poden facernos desistir das nosas andanzas en software libre.

As mellores distribucións de Linux para comenzar segun a información que puiden recopilar son as seguintes, inda que algun de vos poida disentir. Non todas son moi coñecidas, pero si que teñen aspectos que nos facilitan un primeiro contacto con Linux.


Linux Mint basada en Debian e Ubuntu, é un sistema operativo moi estable, moi doado de instalar e usar, con moitísimas aplicacións, ideal para un primeiro contacto con Linux. Os desarrolladores pretenden que sexa a segunda máis usada. Con menús moi intuitivos, e moitas ferramentas graficas para mellorar a usabilidade. Paxina Web


Ubuntu a distro máis coñecida de Linux e a máis usada, e coa que foi capaz de cambiar a idea de moita xente que pensaba que Linux era complicado, moi doado de instalar e de usar. Combina flexibilidade, estabilidade e solidez, basada en Debian, dispón de moitísimos paquetes de software. Actualizase a versión cada seis meses. Ideal para comenzar con Linux. Paxina Web


OpenSUSE distribución moi solida que procede da liberación da versión para empresas SUSE, sirve como escritorio e servidor, e é unha moi boa forma de comenzar de forma sinxela e aprendendo moito. A maior virtude desta distro é a sua aplicación máis famosa, a Yast2, unha ferramenta que permite realizar actualizacións, configurar a red e o cortafogos, administrar usuarios, e máis opcións integradas nunha interfaz amigable. Paxina Web



Fedora unha das distro máis robustas e lonxevas basada en Red Hat. Combina potencia, inovación e usabilidade, tanto para usuarios avanzados como para os que están comenzando. Ideal para estudantes como para xente involucrada en informática. Paxina Web



Mandriva amigable e moi solvente, contén unha selección dos mellores programas, e é ideal como centro multimedia, orientada tanto para escritorios como para servidores é unha distribución para todos os públicos. Conta con moi boas ferramentas e software. Tal vez algo esixente en canto a requisitos. Paxina Web


Estas a grandes rasgos son as máis doadas para comenzar. Inda que OpenSUSE, Fedora e Mandriva se poidan usar como primeiro contacto, poderiamos consideralas como un escalafón intermedio. Pero se queremos adentrarnos un pouquiño maís neste apaixoante mundo podemos empregar estas outras distribucións, que xa nos requeriran máis coñecementos para poder manexalas como é debido:



Debian sistema operativo maduro, moi estable e moi modificable. As versións de Debian saen xa moi probadas, impera a estabilidade antes que as innovacións, moi adecuado para servidores, pero require certos coñecementos para usalo. Dispón de moitisimos paquetes de software e moitisima xente traballando no seu desenvolvemento. Paxina Web


Slackware é a distribución de Linux máis antiga inda en vigor. Simple, estable e segura, ten unha instalación sinxela, inda que para os novos nestes temas pode ser complexa, e ten un sistema de xestión de paquetes basado en menús. Utiliza un instalador de texto (nada de gráfico), e obliga o usuario a que se implique máis no coñecemento da máquina. Seria a distribución máis purista de Linux, onde non hai facilidades de cara o usuario. Paxina Web


Ata aquí as máis coñecidas e usadas, se podedes probade, pero sobre todo non teñades medo a investigar, como moito perderedes unhas horas nas instalacións.

Un bó consello, se podedes utilizade as versións LiveCD das distribucións, asi poderedes facer algunha pequena proba do sistema sen ter que instalalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario