miércoles, 2 de mayo de 2012

Instalar Gnome no Ubuntu 12.04 LTS


Coa liberación da última versión do Ubuntu moitas foron as críticas que seguramente vistes pola rede sobre a incorporación de Unity ao noso Sistema Operativo (aínda que xa se incluíu na anterior versión, pero seguramente algúns de vós actualizastes desde a última LTS). Foi moita a xente que vin nos foros que incluso dicía que ía cambiar de distribución. Pero tranquilos! Lembrade que unha das vantaxes da utilización de software libre, é que se non che gusta algo, case sempre hai algunha alternativa. Que non che gusta Unity? Pois instalamos Gnome e punto.

Ademais a instalación é ben sinxela, simplemente é necesario inserir un comando nunha termianal. Hai dúas opcións:
 sudo apt-get install gnome-shell
Con esta opción poderemos arrincar o PC de -ademais de Unity- 3 maneiras: con Gnome (Shell), Gnome Classis e Gnome Classis sen efectos. Para escoller que escritorio queremos arrancar, temos que darlle ao botón que sae ao lado do nome de usuario na pantalla de login e escoller:


A outra maneira é da seguinte forma:
 sudo apt-get install gnome-panel
Desta maneira intalamos só o Gnome classic e escollemos igual que no caso anterior con que queremos arrancar o PC.


No hay comentarios:

Publicar un comentario