lunes, 30 de abril de 2012

Como xuntar ou separar arquivos .pdf


Seguro que moitas veces precisas unir vairos arquivos .pdf nun, ou pola contra dividir un en varios. Pois ben, hoxe vouvos falar de como facelo dunha maneira moi sinxela, utilizando un programa chamado pdfsam:

O primeiro é instalar o programa, que como se atopa nos repositorios de Ubuntu, chega con buscalo no Centro se Software de Ubuntu ou facelo, se o prefires, desde un terminal escribindo sudo apt-get install pdfsam.


Para unir varios .pdf:

  1. Clicamos en Merge/Extract.
  2. Dámoslle a Add e escollemos os arquivos que queremos xuntar.
  3. En Destination output file escollemos onde queremos que nos garde o ficheiro.
  4. Finalmente damoslle a Run, e feito!

Para dividir un arquivo .pdf:

  1. Clicamos en Split
  2. Dámoslle a Add e escollemos que arquivo queremos dividir.
  3. En Split Option escollemos como queremos que nolo divida (Ex. Si queremos que o divida por cada páxina marcamos Burst (split into single pages).
  4. En destination folder escollemos onde queremos que nos garde os ficheiros.
  5. E por último dámoslle a Run.

No hay comentarios:

Publicar un comentario