jueves, 26 de abril de 2012

Actualizando a Ubuntu 12.04 LTS: Algunhas novidades


Como saberedes, hoxe liberouse Ubuntu 12.04 LTS, a última versión do noso sistema operativo. Imos falar, das novidades máis rechamantes que se poden apreciar nesta nova versión. Primeiro, cabe destacar que é unha LTS, o que quere dicir, que a diferencia do resto, ten soporte para actualizacións de seguridade, aplicacións e demais, durante 5 anos fronte aos 18 meses coas que contan as outras.

As principais novidades son a respeto da interface. Unity mellora na súa versión 5.4, a respeto da súa configuración. Agora, por defecto, a barra lateral está sempre visíbel. Podemos modificar tanto isto, como a sensibilidade coa que queremos que se nos mostre a barra no caso de que seleccionemos a opción para que se agoche. Isto podémolo modificar nas preferencias da apariencia. Ademais, ao clicar co botón dereito sobre o símbolo dos cartafois, podes escoller que cartafol dos que tes nos marcadores queres abrir. Algo similar pasa se o fas co símbolo do Ubuntu.

Outra novidade importante, é que incorpora HUD. E preguntarédesvos vós que é eso. Pois fácil, unha ferramenta, que ao meu gusto facilita a navegación polas aplicacións. Se temos unha aplicación aberta e lle damos a alt, ábresenos un cadro onde podemos escribir que acción referente á aplicación queremos facer. Por exemplo, se teño o firefox aberto, doulle a alt e poño opcións, ábrensme as opcións do programa, tal e como se vé na imaxe de abaixo.


No referido aos programas que veñen de serie coa versión destaca, que volve Rithmbox para a xestión da música, e inclúe Firefox 11 e Libre Office 3.5.2.

Destaca tamén que o Centro de Software de Ubuntu mellora a súa velocidade, tanto de execución como de instalación dos programas, que certamente, na versión anterior era bastante lento.

Eu pouco máis vos podo contar, cando menos por agora, porque hoxe os servidores de Ubuntu tiveron, polo que se vé, moito traballo e descargar os paquetes levoume todo unha tarde. Pero ben, iso é boa sinal, porque significa que cada vez somos máis os que utilizamos este Sistema Operativo.

Se queres actualizar a túa versión chega con que abras o Xestor de Actualizacións e lle des a anovar a 12.04. Se pola contra queres comezar desde cero, desde www.ubuntu.com podes descargar a imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario