lunes, 23 de abril de 2012

Proba GIMP 2.8 no teu Ubuntu

Para as e os que utilizades este coñecido editor de imaxes, sabedes que nos repositorios oficiais de Ubuntu está dipoñíbel a versión 2.6, mais se pola contra queres probar o GIMP 2.8, neste post vos deixo como facelo.

E xa que eu -non vos vou mentir- non o utilizo, porque non teño nin idea de tratamento fotográfico nin deseño, pouco vos podo falar das novidades que ten. A única, que salta á vista, con respeto á versión 2.6 é que está dispoñíbel a opción “xanela única”. Así que os que o utilizades, probádeo se queredes:


  1. Agregamos os repositorios:

    sudo add-apt-repository ppa:otto-kesselgulasch/gimp

  2. Actualizamos

    sudo apt-get update

  3. Instalamos:

    sudo apt-get install gimp

2 comentarios:

  1. Vaise agradecer o de ter unha única xanela, menudo coñazo que era o de ter cada cousa nunha distinta.

    ResponderEliminar
  2. Si, eu estou de acordo, mais hai xente que defende o contrario...

    ResponderEliminar